O teu paso fai
o camiño.

© Sergi Cámara

Camiñamos pola paz

#CaminosPorLaPaz

Camiños pola Paz é unha homenaxe a todas as persoas que foxen do horror da guerra e da violencia, e que deben camiñar para pór a salvo a súa vida. Máis de 10 millóns de persoas víronse obrigadas a fuxir de Ucraína desde que estalou a guerra no mes de febreiro de 2022.

O futuro só é posible se xeramos unha cultura de hospitalidade, solidariedade e inclusión baseada na Paz.

En Siria, 12 anos de guerra xeraron xa o exilio forzoso de máis de 13 millóns de cidadáns e cidadás. Conflitos en África, América Latina e outras partes do mundo provocan que máis de 100 millóns de persoas e vexan forzadas a escapar da violencia, o empobrecemento, a falta de recursos de vida ou o cambio climático á procura dunha vida en paz e un futuro próspero. Europa é un continente trazado por camiños que millóns de persoas fixeron no pasado e continúan a facer no presente para construír sociedades de paz, de respecto dos dereitos humanos e de valores democráticos.

Estes camiños deben seguir abertos para as persoas que agora chaman á porta de Europa clamando acollida desde Ucraína e tamén como símbolo da riqueza do intercambio e as oportunidades que ofrece para as nosas vidas seren cidades, pobos, rexións de hospitalidade. Construír o futuro xuntos e xuntas só é posible se xeramos unha cultura de hospitalidade, solidariedade e inclusión que estea baseada na paz.

A paz é o camiño.

A iniciativa de Camiños pola Paz ten a súa orixe no legado que nos deixou o padre Frans Van der Lugt, jxesuíta que morreu no asedio de Homs en 2014, após levar case 50 anos vivindo en Siria viviendo en Siria, onde fundara unha granxa e centro comunitario nas aforas da cidade.

Van der Lugt era moi querido na súa comunidade e recoñecido polas súas andainas anuais polo monte de varios días de duración con mozas e mozos de todas as crenzas relixiosas e orixes. Camiños que foron precursores na defensa da humanidade, que simbolizan a paz e a convivencia entre pobos máis alá de ideoloxías, crenzas relixiosas, orixe ou xénero. Camiños que simbolizan o rexeitamento de toda forma de violencia, desigualdade e hostilidade.

© Sergi Cámara   © Entreculturas

O 17 de xuño contamos contigo…

O 17 de xuño celebraremos unha acción conxunta a nivel europeo en solidariedade coas persoas refuxiadas. Como sumarte?

  1. Fai unha foto da túa andaina solidaria
  2. Súbea a redes sociais co cancelo #CaminosPorlaPaz
  3. Difunde e comparte

O noso manifesto

Precisamos medidas políticas que garantan a protección e a acollida das persoas desprazadas de forma forzosa. Consulta o noso manifesto dirixido aos e ás representantes gobernamentais da Unión Europea.

Colabora con Camiños pola Paz

Cunha pequena achega podes colaborar coa rede europea de acollida e acompañamento a persoas refuxiadas e co proxecto ‘One Proposal’, de apoio ás persoas afectadas pola guerra en Ucraína, ademais de axudarnos a seguir sensibilizando para lograr políticas xustas e sociedades máis solidarias e inclusivas.

© Sergi Cámara

Proposta educativa

Consulta e descarga a nosa unidade didáctica para traballar co alumnado nos centros educativos.

Como saír camiñar?

Consulta e descarga o noso manual instrutivo para organizar o teu propio camiño solidario.

Consulta aquí as diferentes actividades de Camiños pola Paz.